O pasado 8 de abril de 2013 celebrouse reunión da Comisión Paritaria de Saúde Laboral na que se tomaron os seguintes acordos:

  • Presentouse e debatiuse a Memoria Anual. Decídese que actualizar a páxina web “webriscos.xunta.es” e que se publiquen as actas do Comité Intercentros e de aqueles Comités que así o queirán. En canto aos accidentes, producirse un aumento dos accidentes tanto “in itínere” como laborais, e tan só se reconoceron 3 enfermedades profesionais. Considérase un mal dato na tendencia de diminución dos anos anteriores, e pídese o SPRL e á Administración que investigue as causas do incremento de accidentes e poña en marcha medidas correctoras. Por outra banda, decir que o dato das enfermedades profesionais é un dato falseado, xa que, moitas non se solicitan por parte do afectado/a e outras non se poden establecer por non vir recollidas no listado establecido de Enfermidades Profesionais. As consellerías con maior número de accidentes son Medio Rural e Traballo e Benestar, polo que se pide, por parte das organizacións sindicais, que se traballe nesas consellerías tanto en formación, medidas de protección, tempo de descanso, recursos...

    Incrementáronse as adscricións por causas de saúde.

  • Acordouse que tanto os delegados/as de prevención como os/as representantes da administración poderán ser substituídos nas reunións dos comités por outros/as representantes, a tal fín  deberáse comunicar ó/a Presidente/a ou Secretario/a do CSSL.

  • Non se aceptou a solicitude de adhesión do sindicato ANPE ao non formar parte do ámbito da paritaria.

  • Noméase como novo presidente a Emilio De la Iglesia a proposta da Administración.

  • Revisouse o regulamento do Intercentros de Seguridade e Saúde laboral, modificando no punto cuarto o nomeamento do/a Presidente/a Secretario/a, que se fará a “proposta de”. Con relación ó Regulamento de funcionamento, este comité elaborará un modelo que se “poderá” aplicar aos CSSL deste ámbito. Inclúese a figura de suplente que se deberá comunicar o/a Presidente/a previo á reunión.

  • No apartado de rogos e preguntas, a Administración fai entrega de dous documentos os que se deberán presentar as alegacións estimadas antes do día 22 de abril, para a súa posterior publicación no DOG.