Novas por contido

Consonte ao acordado no último Pleno, a Comisión Permanente da Xunta de Persoal acudiu a denunciar ante os grupos parlamentares casos concretos de asistencias técnicas facendo o traballo propio de empregados públicos nos servizos centrais, casos ante os que a Xunta mira para outro lado.  Só houbo ocasión de falar cos grupos da oposición xa que o PP, a pesar de ter concertada unha cita, non tiveron tempo de recibirnos; entendemos que non teñen suficientes deputados/as para atender a todas as cuestións que teñen pendentes.

Os distintos membros da Permanente trasladáronlle a preocupación pola deriva na xestión dos recursos humanos que está a tomar a Xunta, que recorta, amortiza e despide persoal propio mentres segue realizando contratacións con empresas privadas para realizar traballo de empregados/as públicos/as, moitas delas, mesmo, compartindo as depedencias propias da Xunta. Achegouselle aos distintos grupos copia do escrito presentado ante o Presdiente da Xunta vai un mes sen que este tivera resposta. Na dita carta analizábanse casos moi particulares, con datos moi contretos de número, localización e funcións desas asistencias técnicas.

Ademais dos casos que contiña o escrito sairon outros, realacionados, sobre todo, co tema dos contratos de informática da AMTEGA; axencia que nos últimos 2 anos realizou máis de 200 contratos, moitos dos cales son de capital humano 100%. Comentouse tamén a opacidade na contratación destes servizos, a dificultade para acceder á información, mesmo por parte dos parlamentares, e a pouca efectividade da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa no control e racionalización deste problema.

Por parte dos grupos da oposión hai receptividade a manter unha canle aberta e de comunicarnos as distintas xestións que vaian realizando máis tamén lle pediron á Xunta de Persoal que lles faciliten tanta información como teñan dispoñible, documentación incluída. Xa que logo, resulta de vital importancia nestes casos a colaboración das traballadoras e traballadores públicos aos que facemos un chamamento para colaborar na defensa do traballo público e loitar contra as privatizacións.

Outras cuestións

Outros temas que lle achegou a Xunta de Persoal aos grupos parlamentares, segundo o acordado no último Pleno, foi a solicitude feita a Función Pública con relación á devolución das taxas de inscripción nas listas a aquelas persoas que soliciten a súa baixa, así como a denuncia de actividades irregulares do subdirector xeral do Tesouro. No primeiro caso ante a negativa de Función Pública e no segundo ante a inhibición da Consellaría de Facenda a tomar as medidas oportunas.

Outras novas recentes

Mércores, 20 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Minas-Bibliotecas-Arqueologos-Museos-Obras Publicas-Arquivos (19/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega os listados de prazas que ofertará para a elección de destino dos seguintes procesos selectivos: A1 Minas A1 Bibliotecas A2 Bibliotecas A1 Arqueólogos A1 Museos A2 Museos A2 Obras Públicas A2 Arquivos Neste lote botamos en falta A1 de Arquivos.
Mércores, 20 Marzo 2024

Procedemento de acreditación dos méritos do concurso-oposición de estabilización dos subgrupos A1, A2, C1 e C2 e grupos I, III e IV

No DOG do 20/03/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos de determinados procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de...
Venres, 22 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Agrupación profesional-Subalterno (22/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega un listado de prazas que ofertará para a elección de destino do proceso selectivo da agrupación profesional - subalterno. A localidade dos postos pode verse no código que vai nas posicións 11 a 15 do código (XX.XXX.XX.XXX.XXXXX.XXX) No mesmo arquivo que poñemos a túa disposición para descargar, vai tamén a RPT íntegra con todos os...