Novas por contido

Forrest Gump dicia na película a que da nome, “parvo ó o que dí parvadas”, esto é o que se desprende da nota informativa de CC.OO. do día 30 de xullo de 2009, o que pasa é que somentes a xente intelixente como o anterior pode ser consciente das súas limitacións, outros queren facernos parvos a todos, pero sobre todo aos/as traballadores/as doSPDCIF.

Falan de irresponsabilidade porque o día 30 de xullo, en pleno periodo de alto risco dicimos que faltan medios, non, dende a CIG levamos dicindo dende fai anos, denunciando en inspección de traballo as condicións de traballo dos/as compañeiros/as e dos puntos de encontro e casetas de vixiancia, só fai falla ir as hemerotecas ( CC.OO. que fixo?) pero claro, o 25 de xullo de 2007 non era alto risco para facer manifestacións e queimar contenedores de lixo ou facer folga (por certo,os delegados sindicais de CC.OO. pedindo horas para que non lle descontasen ningún diñeiro da súa nómina, mentres os/as traballadores/as tiñan que apandar cartos do seu peto), que diferenza a día de hoxe, que mal fai Baltar e os delegados sindicais da Deputación de Ourense que hai que pagalos con intereses. Onde están as denuncias? Só falar por falar, para enganarnos ou querer facelo, que é cousa moi diferente.

Os listos de CC.OO, agora queren seguir dicindo que o acordo de incendios e o V Convenio son moi malos, o problema é que non saben como facelo e entran no insulto, moitas veces persoal, vale, dende a CIG non imos entrar nesas baixezas, tanto morais como éticas, pero si que non vamos a consentir que digan mentiras, a súa única baza é que supostamente non estamos en contra de SEAGA, pero, quen foi o primeiro e único sindicato en presentar un escrito aos tres grupos parlamentares no Parlamento en contra da creación de SEAGA? A CIG. Onde estaba CC.OO.?. Quen foi o sindicato que promoveu eleccións en SEAGA prometendolle entrar fixos a todos e demáis cuestións? Resposta CC.OO. Que non nos crean parvos.

Lémbranse agora de que en alto risco non se poden facer reivindicacións laborais? Agora dín que claro, este goberno novo non pudo facer prevención, pobriños. É os que estamos vendidos a interese oscuros somos nós?

Teñen o problema que a única defensa que tiñan era a nocturnidade, por certo que querian liquidar con un plus onde os/as traballadores/as perdían máis de 200€ ao mes, e agora a única forma de sair é insultar e creerno parvos a todos, pero teranlle que explicar as/os traballadoras/es por qué siguen a defender que non se aplique o acordo e que deixen de cobrar máis de 130€ sin contar a nocturnidade que a partir de agora teranlle que pagar. Ou, o que lles molestou é que agora xa non podan facer caixa cos/as traballadores/as e non lle poidan cobrar por levar a reclamación da nocturnidade? Canto vós cobraban a cada un? Facéndovos un favor por enriba.

O TEMPO PON A CADA UN NO SEU SITIO.

“PARVOS SON OS QUE DÍN PARVADAS”

PARA MÁIS INFORMACIÓN PODEDES DIRIXIRVOS AOS LOCAIS DA C.I.G., QUE NÓS NON COBRAMOS POR INFORMAR

Podes ver varios documentos da CIG sobre SPDCIF-PLADIGA-SEAGA

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...