Dentro da segunda xornada de folga, as traballadoras e traballadores da residencia Volta do Castro, en servizos mínimos, concentráronse o domingo, 21 de abril, ás 10:30 h por unhas carleteiras de 2013 xustas e e quilibradas, pola compensación en tempo de descanso dos domingos e festivos.

Continua o conflicto nos servizos sociais públicos galegos pola imposición de quendas de traballo abusivas, inxustas e discriminatorias, por parte dos directores dos centros de Traballo e Benestar na Coruña (Residencias da Terceira Idade, Centros de Menores, Complexo Xuvenil As Mariñas e CAPD). A conselleira Betariz Mato, continua coa calada por resposta ás queixas do persoal laboral pola non negociación das xornadas de traballo, coa imposición de 7 días de traballo continuados, 3 noites seguidas e 2 domingos de traballo seguidos.

A pesar dos chamamentos do Comité de Empresa a resolver un conflicto que provoca sobrecarga de traballo e estres laboral, co deterioro dos servizos públicos que isto supón, a conselleria Betariz Mato negase a recoñecer os dereitos do persoal laboral, co que obriga as denuncias xudicias e na inspección de traballo para defender os dereitos dos traballadores e a realización de mobilizacións como a realizada hoxe na Residencia de Maiores de Volta do Castro, en Santiago de Compostela.