No DOG do 22 de abril de 2013  sae publicada a Orde que regula a adxudicación de prazas en escolas infantís 0-3 para fillas/os do persoal de Servizos Centrais e dos Complexos Administrativos da Xunta en Vigo e Pontevedra.O prazo de presentación de solicitudes, tanto de reserva de praza como de novo ingreso, será desde o 23 de abril ao 4 de maio, ambos os dous incluídos.

É vella xa a reivindicación desta central sindical de conseguir unha gardería no propio complexo administrativo de SSCC que cubra a enorme demanda que hoxe por hoxe desborda na gardería de Vite. Porén, peor é a situación do resto de persoal da Xunta que non poden acceder a este beneficio social por non haber nin escola infantil no edificio administrativo nin prazas reservadas en escolas públicas próximas. Iso por non falar da cidadanía en xeral que, cos recortes operados nos servizos públicos, vemos hoxe con maiores dificultades poder conciliar a vida familiar e laboral.

Demandamos tamén a extinción do contrato de xestión privada na escola de Pontevedra e a cobertura dos postos de traballo con persoal propio.