Achéganos a directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa o borrador da Orde pola que se regula a xornada e horario de traballo, a flexibilidade horaria e o teletraballo no ámbito da administración xeral da comunidade autónoma de galicia. Cómpre destacar que este documento foinos achegado despois de que xa tiveran acceso ao texto os medios de comunicación a semana pasada, motivo polo cal as centrais sindicais lle demos plantón na xuntanza do venres.

Dan de prazo até o vindeiro 10 de maio de 2013 co obxecto de que "formulemos as consideracións que estimemos oportunas". Agardamos que a Administración reflexione e decida sentarse a negociar sen que o interprete como fai acotío, como un simple trámite formal. Podes achegarnos as túas consideracións á autonomica@cigadmon.gal