Novas por contido

Ante a calada por resposta da conselleira Beatriz Mato, a todos os problemas prantexados polo persoal laboral que traballa en domingos e festivos, sen que teñan nengún tipo de compensación e con quendas de estrés laboral que imposibilitan a conciliación laboral e familiar, o Comité de Empresa mantén a convocatoria de folga para o domingo 28 de  abril de 2013. Convócanse tamén concentracións nos centros de maiores de Ferrol  (Caranza, ás 11,30 horas), e Santiago (Porta do Camiño, ás 10,30 horas).


O Comité de Empresa denuncia a deixación de funcións da conselleira Beatriz Mato, descoñecedora absoluta da problematica dos centros de Traballo e Benestar, onde o persoal laboral esta a soportar unhas quendas de traballo abusivas e estresantes, que inciden negativamente na calidade das prestacións aos usuarios e isto sumado aos recortes orzamentarios para estes centros conleva unha situación de deterioro progresivo dos servizos públicos.
 
Beatriz Mato non se ocupa para nada de intentar solucionar os problemas formulados nas residencias de maiores, centros de menores e CAPD, e si se interesa por eliminar postos de traballo e privatizar servizos públicos aínda que estes supoñan despilfarro do erario público.
 
Coa xornada do 28 de abril rematan os 3 domingos de folga convocados polo Comité de Empresa, que vai a continuar coas mobilizacións e denuncias dunha situación que consideran de auténtica explotación laboral, co fin de defender os dereitos dos traballaodres e o mantemento da calidade dos servizos prestados aos usuarios destes centros.

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Xoves, 11 Abril 2024

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar incumpre a normativa de conciliación da vida familiar e laboral

O Consorcio introduce unha cláusula nas resolucións de reducións de xornada que impide que o persoal poida desfrutar do dereito á conciliación mentres non se cubra con persoal substituto a franxa horaria na que reduce a xornada. A CIG levamos anos denunciando a situación que se produce na concesións de reducións de xornada por conciliacións, incumprindo o artigo 37.7 do...
Venres, 12 Abril 2024

Educación retira a axuda por discapacidade ao seu persoal funcionarizado

A Consellería de Educación, de xeito unilateral e sen previo aviso, retirou a axuda por persoa con discapacidade a cargo que o persoal funcionarizado tiña recoñecida en base ao V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza. O persoal laboral ten dereito a unha axuda de 180 € mensuais cando ten ao cargo unha persoa con discapacidade e con ingresos inferiores ao SMI. En teoría ese...