Concentración, ás 9:30, na EGAP.

O martes 30 de abril teremos a Comisión de Persoal na que os representantes da Administración pretenden finiquitar a modificación das relacións de postos de traballo das consellarías de Traballo e Benestar, de Cultura e Educación e do Instituto de Estudos do Territorio, xunto co decreto de estatutos do IGAPE.

O venres 26 foron estes mesmos asuntos á Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, paso previo á Comisión de Persoal. A Administración actuou coa prepotencia habitual, sen vontade negocial, impoñendo a súa proposta sen mover unha letra.

Aquí tes a documentación. Estamos á túa disposición en autonomica@cigadmon.gal