O pasado 27 de marzo o Comité Intercentros asinou un acordo coa Administración para garantir o dereito á xubilación parcial do persoal laboral da Xunta de Galicia. A sinatura deste acordo veu marcada pola premura de tempo marcada polo Real Decreto-lei 5/2013, de 15 de marzo, de medidas para favorecer a continuidade da vida laboral dos traballadores de maior idade e promover o envellecemento activo, o cal establecía como data tope para asinar este acordo o día 1 de abril.

A instancia da CIG, a Administración aceptou sentarse a asinar o acordo, pero sin apenas negociación previa. No borrador deste acordo, establecíase a posibilidade de reducción de xornada de entre un mínimo do 25% ata un máximo do 75 %. Desde a CIG fixemos unha serie de propostas como que a reducción poidese chegar ata o 85% da xornada, cun contrato de relevo a tempo completo e que se permitise desenvolver a xornada que corresponda de forma acumulada.

As nosas propostas, unha vez máis, caeron en saco roto e non houbo outra que, ou asinar o acordo tal e como nolo plantexou a Administración ou permitir que todo o persoal laboral da Xunta quedase excluido desta posibilidade. Mais semella que a Administración cambiou de parecer e agora ofrece un prazo non superior a quince días para a achega de propostas co fin de negociar un acordo sobre o desenvolvemento da acumulación de xornadas. Se queredes achegarnos as vosas propostas, podedelo facer a través do noso correo autonomica@cigadmon.gal.