Novas por contido

A consellaría de Traballo, entre xuño e decembro do pasado ano, botou a rúa a 223 traballadores/as das oficinas de emprego; tanto aos contratados para a orientación como aos do seguimento do plan prepara. Hoxe mesmo está comunicando a rescisión dos contratos de traballo do persoal laboral temporal e o indefinido, tanto o que supervisa as subvencións finalistas procedentes dos fondos europeos como os das unidades da dependencia de Santiago, Ferrol e Vigo.

Sorprendentemente e sen a previa comunicación ás OOSS, enterámonos que Traballo vai a celebrar 20 contratos que se extenderán ata o remate deste ano e co obxecto de controlar o fraude nas prestacións. Traballo elabora unha memoria explicativa, a que non é discutida coas OOSS, na que xustifica a contratación co chamamento das listas de contratación A2  coas titulacións específicas de Diplomado/a  en  relacións laborais ou traballador social ou educador social.

Despois de proceder ao brutal desmantelamento das oficinas de emprego, agora pretenten un mínimo parcheo para que Traballo cumpra coa súa obriga legal de controlar as subvencións do plan prepara, ás que se encamiñan a aqueles desempregados/as que xa esgotaron tanto as prestacións como o subsidio e percibirán ao longo de 6 meses 400 euros e, para elo, hai que facer un seguimento da declaración de búsqueda activa de emprego.

Outras novas recentes

Venres, 22 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Agrupación profesional-Subalterno (22/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega un listado de prazas que ofertará para a elección de destino do proceso selectivo da agrupación profesional - subalterno. A localidade dos postos pode verse no código que vai nas posicións 11 a 15 do código (XX.XXX.XX.XXX.XXXXX.XXX) No mesmo arquivo que poñemos a túa disposición para descargar, vai tamén a RPT íntegra con todos os...
Mércores, 27 Marzo 2024

Concursos de traslados de consumo, axentes ambientais e gardacostas: admitidos/as-excluidos/as provisional

Dende a Dirección Xeral de Función Pública comunítanos que o vindeiro día 5 de abril publicarán en DOG as resolucións polas que se aproban as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas dos concursos para a provisión de postos de traballo vacantes de: Escala de axentes de inspección, especialidade de consumo. Escala de axentes facultativos ambientais e axentes...
Mércores, 20 Marzo 2024

Procedemento de acreditación dos méritos do concurso-oposición de estabilización dos subgrupos A1, A2, C1 e C2 e grupos I, III e IV

No DOG do 20/03/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos de determinados procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de...