Novas por contido

Informábamos o xoves 2 de maio que a Consellaría de Educación ditara unha circular non negociada na que se lle prohibía ao persoal de administración e servizos a matrícula nas probas de certificación de idiomas. A CIG-Autonómica denunciou os feitos e enviou escrito a Educación solicitando a depuración de responsabilidades e a apertura dun expediente informativo ao Director Xeral de Educación por vulneración dos dereitos fundamentais.

Pois ben, responsábeis da consellaría contactaron coa CIG-Autonómica para informarnos que se trata dunha mala redacción e que van rectificar a circular para que o persoal non docente poida matricularse por libre en centros distintos aos que presta os seus servizos.

Inda que supoñemos que a decisión do cambio foi debida á dubidosa legalidade da circular, con esta nota queremos recoñecer a reflexión e cambio da consellaría.

Outras novas recentes

Xoves, 11 Abril 2024

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar incumpre a normativa de conciliación da vida familiar e laboral

O Consorcio introduce unha cláusula nas resolucións de reducións de xornada que impide que o persoal poida desfrutar do dereito á conciliación mentres non se cubra con persoal substituto a franxa horaria na que reduce a xornada. A CIG levamos anos denunciando a situación que se produce na concesións de reducións de xornada por conciliacións, incumprindo o artigo 37.7 do...
Venres, 12 Abril 2024

Educación retira a axuda por discapacidade ao seu persoal funcionarizado

A Consellería de Educación, de xeito unilateral e sen previo aviso, retirou a axuda por persoa con discapacidade a cargo que o persoal funcionarizado tiña recoñecida en base ao V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza. O persoal laboral ten dereito a unha axuda de 180 € mensuais cando ten ao cargo unha persoa con discapacidade e con ingresos inferiores ao SMI. En teoría ese...
Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial). No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da...