No marco dunhas xornadas organizadas polo organismo ourensán, o secretario de Estado de Administracións Públicas, Antonio Germán Beteta; puxo á Deputación de Ourense como "exemplo de xestión e racionalización do gasto". Nas mesmas xornadas, o presidente da Deputación ourensá, Manuel Baltar falou da "exemplaridade pública, a obxectividade, a responsabilidade e a transparencia". 

No festival da comedia que deberon ser as ditas xornadas debeuse obviar as imputacións xudiciais por enchufismo contra o seu pai e as prácticas de contratación da administración que preside un nido caciquil que esnaquiza a exemplaridade pública, a obxectividade e a transparencia.

Parece que o PP ten como modelo a Deputación de Ourense e non se vai cortar en exportalo. A primeira medida témola enriba da mesa: A nova Lei de DesEmprego Público de Galiza: Unha lei ao servizo dun partido que vai ser a plasmación normativa da baltarización da administración autonómica e todo isto co beneplácito do goberno do estado a través do señor Beteta, ese secretario, exconselleiro e voceiro parlamentar do goberno de Esperanza Aguirre, que ademais de aplaudir a baixada de soldo ademais nos insultaba.