O Comité Intercentros, e os sindicatos CIG, UGT, CCOO e CSIF, convocamos unha cazolada o xoves 16, ás 11:30 da mañá, en todos os Edificios Administrativos da Xunta. Trae pota, tixola, chifre ou calquer aparello que faga estrondo.

Temos que facer ruído para denunciar a destrución masiva de postos de traballo e conseguintes despedimentos dos nosos compañeiros e compañeiras. Só na última modificación da Relación de Postos da consellaría de Traballo, publicada no DOG do mércores 15 de maio, eliminan 78 postos (que supón despedimentos de persoal indefinido e temporal). Pero é máis que esto: os postos eliminados nos últimos meses suman moitos centos. Ao tempo, seguen a contratar asistencias técnicas e aplicando unha falsa austeridade en moitos asuntos.

O xoves 16 de maio, 11:30, nos Edificios Administrativos de Vigo, Pontevedra, Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, San Caetano e San Lázaro.