Novas por contido

A Xunta recua os anos 90 voltando a ofertar os concellos a contratación  de parte do dispositivo de reforzo de verán na loita contra os incendios forestais e recupera medidas de antano que resultaron ineficaces e partidistas. Un ano máis, en momentos previos á contratación do reforzo de verán para a loita contra os incendios forestais, a falta de previsión e transparencia fai que a planificación e organización brille pola súa ausencia.

A día de hoxe, o reforzo de brigadas no período de máximo risco para a extinción e prevención de incendios forestais é clave na planificiación e organización deste dispositivo. Inicialmente, desde os anos oitenta comezaron sendo brigadas contratadas polos concellos, aos que pouco a pouco se lle foi incorporando persoal da Xunta a través dos plans INFOGA primerio e PLADIGA despois. Posteriormente as brigadas dos concellos foron substituídas por brigadas de SEAGA e o ano pasado por brigadas de TRAGSA e de Natutecnia (para as brigadas helitransportadas). Pois ben este ano, como o cóctel de persoal no dispositivo era pouco, a Xunta quere engadir de novo brigadas contratas polos concellos.

O sistema de contratación de brigadas a través dos concellos empregado no pasado, foi desbotado polo escaso rigor nos criterios de contratación (criterios dispares en cada concello, carentes de transparencia), á súa desvinculación a o mando único (ao depender de cada concello), á baixa profesionalización (dotación de medios que deixaba moito que desexar, nula formación), e á pequena contribución ao dispositivo de incendios (ao estar facendo outras tarefas para o concello como regar árbores, adecuar parques, . . .).

A CIG vén denunciando sistematicamente estes sistemas arbitrarios de contratación, carentes da máis mínima planificación e xustificación técnica. Esta nova provocación supón retroceder anos na profesionalización do sistema de defensa contra incendios forestais e xogar de forma partidista cun reforzo que supón miles de contratacións, e polo tanto outros tantos miles de favores (desta volta a prol dos alcaldes).

Dáse o paradoxo que neste verán vamos mirar polos montes galegos persoal propio da Conselleria, de Seaga, de Natutecnia, de centos de concellos, polo que preguntámonos, é cómo van facer co mando único con tantas empresas??? Quén se vai facer cargo de todo o persoal??? Vamos ver como técnicos forestais de Natutecnia desempeñarán as funcións de directores de extinción nun incendio??? Dende a CIG afirmamos que dividindo o operativo lévamos a un maior descontrol dos medios á hora da extinción, polo que existe un maior risco para as persoas que traballan nas citadas labouras, consecuentemente, un maior número de hectáreas queimadas. Ésto parece ser que non é preocupante para o goberno galego do Sr. Feijóo; qué intereses existen para que un operativo de extinción público como é o noso e recoñecido fóra de Galiza teña agora que retroceder anos na súa evolución?

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.