No DOG do 16/05/2013 a Academia Galega de Seguridade publica a convocatoria dun curso sobre como dar malas novas: técnicas específicas. Nestes momentos de despedimentos e recortes na Xunta, fácemoslle unha encarecida recomendación a Feijóo para que faga este curso. Terá moito andado para cando volva a botar os seus traballadores á rúa, cando nos volva a recortar o salario ou teña que comunicarlle á sociedade galega porque a súa receita da "austeridá" non crea máis que paro e miseria.

Sen dúbida é mellor afrontar as malas novas que andar creando realidades paralelas e dicindo que non son despedimentos senón amortizacións, que non son recortes senón que imos cobrar máis que o ano que pasado ou que non fai nada que "ti non farías".