Novas por contido

O venres, 24 de maio, houbo un simulacro de xuntanza para tratar a incorporación ao Convenio das melloras das Instrucións de permisos, vacacións e licenzas  publicadas no DOG do 20/03/2013. En principio entendiamos que era unha Comisión Paritaria, pero cando chegamos vimos que só viñan dúas persoas en representación de Función Pública, coa ausencia das persoas representantes das consellarías.

Desde a Subdirección de Réxime Xurídico e Relacións Laborais anunciannos o que xa sabíamos: que esta xuntanza é a proposta das centrais sindicais para tratar un rexime xurídico do persoal laboral no que atinxe ás vacacións, permisos e licenzas. Porén, cómpre puntualizar que o que pedíamos era a convocatoria da Comisión Paritaria para tratar a incorporación das melloras das anteriores instrucións ao texto do V Convenio Colectivo e achegamos o noso malestar por non dárlle cumprimento.

O subdirector alega que nos chamou para unha xuntanza previa, para logo facelo co oficial. A postura da Administración é que pretenden que haxa un único rexime de vacacións, permisos e licenzas para todo o persoal laboral e funcionario da Xunta de Galiza. Esta medida afectaria ao 90 % do persoal laboral no ano 2013 e ao 100 % para o ano 2014. O 10 % do persoal laboral restante é o que afecta ao persoal laboral da Consellaría de Traballo.

Amosamos que a atraso na aplicación destas melloras ata o 2014 parécenos unha discriminación para un persoal, o da Consellaría de Traballo, que dende fai mais dun ano levan recortándolle dereitos unha e outra vez. As persoas representantes da Dirección Xeral da Función Pública alegan que non poden metelos pois habería que remodelar as carteleiras e non poden facelo.

Isto parécenos unha disculpa de mal pagador pois simplemente é mudar as carteleiras, e cando a eles lles interesa para favorecer a empresa o fan, e agora, que poidera ser que lle favorecera aos traballadores e traballadoras non o fan.

Vacacións do persoal laboral da Xunta de Galiza

Achégannos a resposta a un escrito do Comité Intercentros con relación aos días de vacacións do persoal laboral. No artigo 20 do V Convenio Colectivo recoñécese o dereito a 30 días hábiles de vacacións cando o persoal laboral teña que gozalos obrigatoriamente fóra do período vacacional ordinario. No dito escrito de resposta explícase que despois do RDL 20/2012, feito polo goberno estatal, quedan anulados todolos acordos, pactos ou convenios con respecto ás vacacións do persoal laboral e rixen os 22 días hábiles para todos os empregados e empregadas públicos.

Aqui facémoslle ver que neste punto os acordos, pactos e convenios quedan anulados para todo o persoal tanto no que beneficia aos traballadores como á Administración. A persoa representante da Dirección Xeral de Función Pública di que non, pois o persoal afectado por xornadas especiais non pode disfrutar das vacacións en periodo vacacional ordinario. Desde a CIG defendemos que ista é unha interpretación unilateral cando isto debería ser debatido na Comisión Paritaria.

Emprázanos para para volver a falar para o mércores da última semana de maio co Comité Intercentros.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Venres, 12 Abril 2024

Emendas da CIG ás leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais

Dende a CIG, e con ánimo de mellorar os textos dos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais, enviamos aos grupos parlamentares do Congreso as nosas achegas a estes documentos dentro da fase de emendas. Para nós estes textos son claramente mellorables porque poden chegar a limitar o ámbito de actuación e funcións de...