Novas por contido

Na asemblea organizada pola CIG en San Caetano o 24 de maio, bautizouse o actual anteproxecto de Lei do emprego público de Galiza como a "alfombra vermella para a corrupción" na Xunta de Galiza.

Esta asemblea chegaba pouco despois de que a Administración puxera enriba da Mesa Xeral exactamente o mesmo texto que antes de remitirlle as alegacións. Despois da exposición por parte de varios compañeiros e compañeiras dos puntos máis destacados do novo texto, a asemblea por unanimidade concluíu sobre a gravidade do texto e o cambio que  vai supoñer no modelo de Administración. Non se trata dun cambio cara a modernidade, senón dunha volta ao pasado, a unha Administración politizada con persoal directivo alleo e unhas traballadoras e traballadores públicos completamente controlados sen que se lle garanta a súa profesionalidade e independencia.

Precisamente destacouse a importancia da figura do traballador público actual como garante da necesaria transparencia e cumprimento escrupuloso da legalidade que demanda a cidadanía. Somos as traballadoras e traballadores públicos os que facemos que a Administración sexa unha ferramenta da cidadanía e non ao servizo do partido político no poder. Se cuestións como a mobilidade, a carreira administrativa, as retribucións e mesmo a remoción do posto, dependen en exclusiva dun informe dun superior elixido politicamente, vaise constrinxir de xeito serio a capacidade de denuncia das irregularidades  por parte das traballadoras e traballadores públicos por unha simple cuestión de medo.

Tras aclarar algúns aspectos concretos e logo dun debate aberto e participativo, sacáronse as seguintes conclusións para impulsar nos ámbitos que correspondan:

  • Elaborar un calendario de mobilizacións paralelo ao proceso negociador que propón a Administración e que sexa aberto ao resto de OOSS en aras da procura da unidade sindical.
  • Organizar un referendum interno, dirixido en principio a todo o noso colectivo, con respecto aos principais puntos desta lei (Persoal directivo, Avaliación do rendemento e carreira administrativa, concursos e mobilidade), similar ao que se levou en Madrid no ámbito da Sanidade Pública.
  • Facer unha campaña informativa cara á cidadanía do significa esta lei, con mesas abertas á sociedade.
  • Como horizonte final desta campaña, valorar a convocatoria dunha folga xeral indefinida, se algo queremos algo temos que sacrificar.

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Xoves, 11 Abril 2024

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar incumpre a normativa de conciliación da vida familiar e laboral

O Consorcio introduce unha cláusula nas resolucións de reducións de xornada que impide que o persoal poida desfrutar do dereito á conciliación mentres non se cubra con persoal substituto a franxa horaria na que reduce a xornada. A CIG levamos anos denunciando a situación que se produce na concesións de reducións de xornada por conciliacións, incumprindo o artigo 37.7 do...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...