Novas por contido

O concurso de informática pasou pola Mesa Xeral o martes 28 de maio, e será aprobado definitivamente na Comisión de Persoal do xoves 30. En poucos días estará no DOG. A negociación foi, novamente, un paripé: dende o documento inicial ao final so hai cambios menores mantendo os responsábeis da Administración o esquelete fundamental das bases que favorecen, descaradamente, a quenes estiveron en libre designación.

AMTEGA fixo o que lle veu en gana cos postos (son moitos os que non se ofertan porque din que os van amortizar ou modificar "substancialmente"). Por riba meten a man nas prazas de resultas reservándose Función Pública a capacidade de ofertartar só aquelas que consideren "de necesaria cobertura". Eso si, recoñecemos un cambio significativo nesta fase de resultas: haberá un segundo periodo de petición (condicionado a unha reserva inicial) na que se poderán solicitar postos concretos resultado das vacantes da primeira fase (e que Función Pública quera ofertar).

A antigüidade segue a ter un peso inferior ás nosas pretensións. O máximo conseguese con 36 anos de servizo, feito que produce unha importante mingua do peso deste mérito no total do concurso. O grao valórase ata o nivel 30, algo que a CIG non acepta: exiximos que so se valoren os graos que so se poden obter mediante concurso, excluindo os de libre designación, ou como mal menor, que estes últimos teñan unha menor escala de puntuación.

As medidas de conciliación, obrigatorias por lei, teñen un peso excesivo segundo a CIG. A reunificación familiar equivale ao que serían 3,3 anos de servizo e, en todo caso, non contempla situacións como a das familias monoparentais ou cando haxa maiores dependentes a cargo.

En canto á permanencia no posto e traballo desenvolvido, seguen sen resolver os problemas causados polo mal funcionamento da propia administración, como é o do excesivo tempo en destino provisional, ou os casos en que na promoción interna uns permanencen nos mesmos postos e outros non. A graduación de puntuación en función do nivel do posto solicitado é excesiva segundo a nosa visión, pois uns chegan a duplicar a puntuación de outros, o que favorece ao persoal de libre designación. En canto á formación seguimos a demandar a valoración por horas e non por tramos ou que puntuen todos os cursos transversais.

Son moitas máis as alegacións da CIG, sendo esto unha simple escolma do máis fundamental. Se queres información polo miudo contacta coa CIG.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial). No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da...