Na Mesa Xeral do 28/05/2013, tamén se tratou unha modificación da RPT do Instituto de Estudos do Territorio (IET) e da Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

A EGAP pon enriba da Mesa unha proposta na que o 26% dos postos de persoal funcionario están abertos a outras administracións (estado, comunidades autónomas, local e docentes), alque que a CIG non acepta, por excesivo, por non existir reciprocidade e por riba, por tratarse sempre de postos de libre designación.

Porén, nesta ocasión temos que felicitar, sen que serva de precedente, a Función Pública: non consentiron a apertura á local doutro posto máis, argumentando que as tarefas alegadas pola EGAP son propias de persoal funcionario de corpos xerais e que temos persoal propio capacitado. Esta argumentación é xusto a que a CIG ten repetido insistentemente en todas as xuntanzas, e convidamos a Función Pública a aplicar este criterio máis veces. Estariamos encantados de parabenizalos máis veces, sen que sexa unha excepción.

A proposta da EGAP engade a creación dun posto de subdirector xeral amortizando un xefe de estudos. Para unhas tarefas similares, non facía falla o cambio. Esto si é un exemplo de austeridade, non si?

Para rematar, seguen coa teima comezada fai pouco tempo, de substituir a forma de provisión de determinados postos que pasan de concurso a concurso específico. Esto é, que para cubrir a sección de habilitación utilizarán un criterio moi meritorio: o dedo.

En canto á RPT do IET, non hai moito que dicir: unha sentenza obriga a crear un posto.