A Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa achégannos a convocatoria para a primeira reunión "real" sobre a proposta de Orde de xornada laboral, flexibilizaciòn e teletraballo. A reunión terá lugar o vindendeiro luns, 3 de xuño, para "dar resposta ás alegacións presentadas polas organizacións sindicais". Isto foi o que afirmou o director xeral da Función Pública na Comisión de Persoal do pasado 30 de maio. Tamén asegurou que habería "máis reunións".

Cómpre destacar que nós poñemos o acento na necesidade dunha flexibilización universal. Mentres na Administración Xeral do Estado a flexibilización é automática e de cómputo mensual, a proposta inicial da Xunta pasa por unha flexibilización con autorización previa (en todo caso) e de cómputo semanal. Tamén falta matizar os postos e compensacións aos que pretenden aplicar a xornada de especial dedicación (40 horas semanais) e máis o horario especial (xornada partida). E por suposto, dárlle unha volta a necesaria participación da representación sindical en todoas estas cuestións referentes a xornada laboral e horarios tal e como recoñece o EBEP, incluído o teletraballo.

Desde a CIG non queremos reunións para dar resposta ás nosas alegacións senón reunións para negociar e achegar posturas. Quermos traballar por mellorar as condicións das traballadoras e traballadores públicos, neste caso, no eido da conciliación da vida laboral, familiar e persoal. Porén, para isto temos que contar coa necesaria vontade da Administración en negociar, e o que non pode pretender é administrar este dereito de xeito discrecional. Mentres o o traballo se faga, as decisións sobre o exercicio dos dereitos dos traballadores deben depender dos propios traballadores.