Novas por contido

Esta é a primeira tanda de procesos selectivos que nos presenta Función Pública. Nas vindeiras semanas nos darán a segunda entrega de maneira que antes de rematar xuño queden aprobados todos os procesos selectivos que presentaron no seu cronograma o pasado mes.

A xuntanza sobre estes procesos tivo lugar o 29 de maio. Os criterios para agrupar as convocatorias en distintas ordes foron:

  1. Pola OPE da que derivan, 2009, 2011 e 2012.
  2. Polo subgrupo que se convoca.
  3. Polo carácter ordinario ou extraordinario (consolidación) do proceso.

Destas convocatorias dedúcese o pouco interese que ten a Administración da Xunta de Galiza en motivar ao seu persoal. Esto non é máis ca outro chanzo na escada da desmotivación do/da empregado público/a para chegar ao obxectivo principal deste gobernó que é o desprestixio do emprego público para poder así convertilo en privado co beneplácito do pobo.

É curioso como poñen constantemente o exemplo de eficacia da xestión privada e non obstante non empregan os seus métodos ou acaso na privada non se teñen en conta os servizos prestados para promocionar aos empregados?

A promoción interna é un “paripé” as prazas non chegan en ningún caso á reserva do 50%, non existe nota de corte separada, non existe reducción de probas, a reducción de temarios é ínfima e non se teñen en conta os servizos prestados nin a formación. Ademáis non existe unha promoción cruzada a outros corpos/escalas nalgunha convocatorias  e mesmo non existe reciprocidade entre elas, de maneira que por exemplo o corpo de arquitectos subgrupo A1 pode promocionar á escala de inspección urbanística pero non ao revés!

O proceso de consolidación non é real pois non existe nada nas convocatorias que garanta unha fase real de concurso.

Esiximos que se cumpla o establecido no EBEP e que a titulación de grao sexa condición suficiente para presentarse ao subgrupo A1, independientemente das equivalencias que establezan certas Ordes Ministeriais entre o título de Grao e as antigas titulacións de licenciaturas e enseñerías para exercer a profesión, pois o EBEP é unha norma superior e trata expresamente o acceso á Función Pública.

Non queremos corpos/escalas con categoría de primeira ou de segunda. Tódalas probas e temarios dos corpos facultativos pertencentes ao mesmo subgrupo deben unificarse, e a parte común debe ser igual, para iso é común, e o temario e dificultade das probas debe ser proporcional segundo o subgrupo do que se trate.(A escala urbanística é desproporcionada respecto ás outras e o temario do subgrupo A2 de arquivos meirande ca outros do A1).

A CIG presentou unhas alegacións xerais aos procesos selectivos e algunas específicas a cada convocatoria. Aínda que o prazo de alegacións xa rematou este luns, vos convidamos a facernos chegar ás vosas suxestións pois ata que teña lugar a Mesa Xeral aínda teremos que dicir.

Nº prazas ofertadas Libre P.I. Discap. Consol. Total Grupo OEP
Enx.Industrial 9 4 1 1 15 A1

OEP 2012
(acum. 2009 + 2011)

Biólogos/as 2 2 1 3 8
Arquitectos/as 11 4 1 0 16
 
Enx. Téc. Industr. 1 0 1 3 5 A2  
Arquiveiros/as 5 2 1 1 9
 
Sub. Consumo 1 0 0 0 1 C1  
 
Inspec. Urbanistica 4 2 1 0 7 A1 OEP 2009

Outras novas recentes

Mércores, 27 Marzo 2024

Concursos de traslados de consumo, axentes ambientais e gardacostas: admitidos/as-excluidos/as provisional

Dende a Dirección Xeral de Función Pública comunítanos que o vindeiro día 5 de abril publicarán en DOG as resolucións polas que se aproban as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas dos concursos para a provisión de postos de traballo vacantes de: Escala de axentes de inspección, especialidade de consumo. Escala de axentes facultativos ambientais e axentes...
Xoves, 21 Marzo 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social

Riscos para a saúde moi elevados nas escolas infantís O venres tivo lugar unha nova xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social, no que estaban presentes os representantes das consellería de política social, servizo de prevención propio da Xunta, servizo de prevención alleo (Qualtis), representantes do Consorcio e delegadas e delegados de prevención...
Mércores, 20 Marzo 2024

Procedemento de acreditación dos méritos do concurso-oposición de estabilización dos subgrupos A1, A2, C1 e C2 e grupos I, III e IV

No DOG do 20/03/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos de determinados procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de...