Novas por contido

Anteriormente tivemos coñecemento de se está tramitando un novo contrato de concesión do servizo da cafetaría/comedor do edificio administrativo de San Caetano. Son frecuentes as achegas de opinións e suxestións das traballadoras e traballadores do centro, principais usuarios, sobre o funcionamento deste servizo. Porén, a Xunta non ten artellado ningún sistema de participación das traballadoras e traballadores públicos na configuración deste servizo.

Xa que logo, presentamos diversas alegacións con relación aos pregos actuais de prescripcións técnicas, no senso de mellorar o servizo e facilitar a participación das e dos traballadores deste centro na súa configuración, como por exemplo:

 

  • Contemplar a participación órganos de representación (Xunta de Persoal e Comité de Empresa) proporcional á súa representatividade nunha Comisión Paritaria coa Consellaría de Presidencia para as funcións que os actuais pregos establecen só para a consellaría (avance do menú, información das enquisas de calidade, inspección do servizo, inclusión de novos produtos, cambio de persoal, fixación de prezos...).

  • Valorar positivamente nos pregos a utilización no servizo da cafetaría de produtos frescos e de tempada, así como de orixe galega e ecolóxica; estas dúas últimas etiquetas (galego e/ou ecolóxico) poden ser implementadas tamén nunha porcentaxe a determinar para os produtos do “vending”.

  • Circunscribir o uso do bono a un gasto mínimo por persoa en calquera servizo de cafetaría e non exclusivamente ao pago do menú do comedor (punto 4.6)

  • Incorporar medios menús (prato único) e almorzo completo (café, zume e peza de bollería), tal e como existen nas cafetarías de arredor e que se fixen prezos especiais para estes paquetes de consumo habituais; estes paquetes deben ter en todo caso un prezo inferior ao que resultaría de coller os produtos que os compoñen de xeito individual ou sexa, deberíase de fixar un prezo reducido para os  ½ menús (prato único) e os almorzos completos.

  • Establecer unha enquisa de calidade do servizo do persoal traballador de Servizos Centrais usuario da cafetaría. En función da valoración destas enquisas pola Comisión Paritaria, establecer a posibilidade da perda da concesión, en todo caso, cando o empeoramento no servizo chegue a incumprir os propios pregos. Os órganos de representación (Xunta de Persoal e Comité de Empresa) terían que ter acceso directo á información destas enquisas.

  • Actualización dos prezos en función das variacións salariais dos empregados públicos.

  • Dispoñibilidade das instalacións para que o persoal que traia alimentos da casa poida usar o comedor e utilizar as instalacións do comedor, canto menos, para quentar estes alimentos. Do mesmo xeito que ocorre nalgunhas cafetarías de edificios públicos, por exemplo, nas universidades galegas.

Outras novas recentes

Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...