Novas por contido

Non é a primeira vez que diriximos un escrito á AMTEGA pedindo explicacións sobre o bloqueo no acceso a determinadas páxinas web de contido ideolóxico de esquerdas. Non queremos pensar que este tipo de diferenza de criterio á hora de bloquear o acceso web se deba a un criterio de discriminación ideolóxica, xa que, de selo caso, estaríamos a falar de CENSURA.

Nunha ocasion anterior, este problema, que entedíamos daquela como puntual, foi solucionado tamén despois de presentar un escrito. Non entanto, observamos que a Administración persiste nesta actitude. Gustaríanos coñecer o criterio para bloquear reiteradamente determinadas páxinas que defenden unha política alternativa de esquerdas, anticapitalista e mesmo facilitan información sindical. Curiosamente desde os equipos informáticos da Xunta non hai problema en acceder a páxinas web de exaltación da figura de dictadores e partidos políticos, sindicatos ou organizacións de extrema dereita.

Lembramos, tal e como xa fixemos anteriormente, que o artigo 20 da Constitución Española indica que o dereito fundamental a recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión, non se pode restrinxir mediante ningún tipo de censura previa.

Xa que logo, volvémoslle insistir á AMTEGA que se nos informe de cales son os criterios polos que se bloquea calquera páxina web dentro da rede corporativa da Xunta de Galiza. En todo caso entendemos que os criterios deben ser absolutamente técnicos e polo tanto debe facilitar, en condicións de igualdade, o acceso a todo tipo de páxinas web informativas, indepentemente da súa ideoloxía e sen que se exerza ningunha censura previa.

En menos dunha semana tras facer a denuncia, o problema de acceso solucionouse. Porén, seguimos agardando por unha explicación dos criterios para restrinxir o acceso reiterado a determinadas páxinas web alternativas de ideoloxía de esquerdas.

Outras novas recentes

Luns, 18 Marzo 2024

A CIG solicita que se volva a abrir o buzón de postos do concurso de corpos especiais

Despois dun breve prazo para formular alegacións, Función Pública pechou o buzón sen responder a máis da metade das alegacións sobre os postos. De todas as alegacións formuladas pola CiG en relación aos postos do concurso de traslados de corpos especiais (inclusións, exclusións, etc) de máis da metade non temos resposta. Hai que facer constar que cando nós alegamos por ter...
Mércores, 20 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Minas-Bibliotecas-Arqueologos-Museos-Obras Publicas-Arquivos (19/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega os listados de prazas que ofertará para a elección de destino dos seguintes procesos selectivos: A1 Minas A1 Bibliotecas A2 Bibliotecas A1 Arqueólogos A1 Museos A2 Museos A2 Obras Públicas A2 Arquivos Neste lote botamos en falta A1 de Arquivos.
Mércores, 27 Marzo 2024

Concursos de traslados de consumo, axentes ambientais e gardacostas: admitidos/as-excluidos/as provisional

Dende a Dirección Xeral de Función Pública comunítanos que o vindeiro día 5 de abril publicarán en DOG as resolucións polas que se aproban as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas dos concursos para a provisión de postos de traballo vacantes de: Escala de axentes de inspección, especialidade de consumo. Escala de axentes facultativos ambientais e axentes...