Novas por contido

Os sindicatos convocantes da folga xeral de Ferrolterra para o 12 de xuño fan un chamamento especial ás traballadoras e traballadores públicos da comarca a secundar a convocatoria. Pola súa banda, o Comité de empresa de Traballo e Benestar da Coruña emitiu un comunicado de apoio e chamamento ao persoal laboral desta consellaría á participación activa.

Comunidado do Comité de empresa de Traballo e Benestar da Coruña

Na defensa do emprego, dos postos de traballo, dos sectores productivos, dos servizos públicos contra o paro, a especulación, as privatizacións e o desmantelamento industrial da comarca de Ferrol, o Pleno do día 29 de maio de 2013 do Comité de empresa de Traballo e Benestar da Coruña acorda  apoiar a convocatoria de folga xeral para o vindeiro 12 de xuño de 2013, ca comarca de Ferrol.

Desde o comité fan un especial chamamento ao persoal da Xunta de Galiza e ao persoal laboral que representan, da Residencia de Maiores de Caranza, do Centro de Menores de Ferrol (antes Virxe do Carme e Soutomaior) , das escolas infantis Virxe de Chamorro e Catabois e dos servizos dependentes de Traballo e Benestar en Ferrol (Equipo de Valoración da Dependencia, EVO, etc), das Oficinas de Emprego de Ferrol-Centro e Ferrol-Esteiro, e centros sociocomunitarios de Fene e Ferrol para que participe e apoie esta convocatoria de folga

FERROL ESIXE SOLUCIÓNS.

  • POLA CREACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO CONTRA O DESMANTELAMENTO INDUSTRIAL.
  • POLA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS CONTRA AS PRIVATIZACIÓNS.
  • CONTRA AS NEFASTAS POLÍTICAS DA XUNTA DE GALICIA E DO GOBERNO ESTATAL INCAPACES DE CREAR EMPREGO NA COMARCA DE FERROL.

O 12 de xuño TODO O PERSOAL LABORAL A FOLGA: POLO FUTURO DA COMARCA DE FERROL. POLA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS.

 

Comunicado dos sindicatos convocantes da folga xeral en Ferrolterra

As organizacións sindicais das comarcas de Ferrolterra convocan unha folga xeral para o vindeiro 12 de xuño, mércores. É unha resposta á situación de emerxencia social pola que estamos atravesando na comarca onde, nun só ano, pasamos do 16% de traballadoras e traballadores en paro ao 32%.

As persoas que traballamos para as diferentes Administracións Públicas coñecemos ben a situación. Máis aló de que sexamos testemuñas das políticas que están a contribuír ao seu agravamento (a paralización das listas de substitución e a aplicación do taxa cero de reposición fundamentalmente), tamén podemos certificar que moitos dos golpes contra o emprego público tiveron unha importante incidencia na comarca de Ferrol. Foi aquí, onde se decidiu externalizar unha parte das actividades de asistencia que se desenvolvían no Centro de Educación Especial Terra de Ferrol, aquí se deixou caer a actividade de asistencia a menores desprotexidos, “unificando” os dous centros existentes; é dicir, abandonando un deles e entregándoo para outros fins; tamén foi aquí onde decidiron o peche de toda unha unidade de valoración de minusvalideces.

Porén, non temos ningunha noticia da anunciada instalación dunha unidade da facenda autonómica, nin tan sequera temos unha unidade de tráfico para xestionar todo o relativo á súa área de competencias.

Estamos a sufrir políticas públicas que incrementan as cifras do paro na área do emprego público, pero sobre todo, a decisión de privar de servizos asistenciais básicos á cidadanía. Hoxe, estamos moito peor que hai uns anos en sanidade, educación e asistencia ás e aos dependentes, entre outros servizos públicos básicos.

O abandono da comarca vai moito mais aló do que se puidera derivar dunha situación de crise. E, se xa sería grave o abandono circunscrito á área pública (sanidade, educación, administración, servizos sociais, xustiza), resulta insoportábel que se estenda aos principais eixos da nosa actividade económica (industria, ferrocarril, transporte, porto...).

As empregadas e empregados públicos somos parte da comunidade na que desenvolvemos o noso traballo e temos a obriga de velar polo benestar de toda a nosa veciñanza. Debemos rebelarnos todos os días contra decisións que empobrecen a cada un de nós e ás nosas familias, precarizan as condicións de vida de moitas e moitos das nosas compañeiras e compañeiros e arruínan calquera proxecto de sociedade que difunda o benestar.

Cóntanse por decenas, se é que non son xa centos, as iniciativas solidarias que, en eidos moi diferentes, están a desenvolver actividades preconfigu-radoras dunha sociedade máis xusta e solidaria. Podemos citar as hortas sociocomunitarias, os bancos de alimentos, comedores comunitarios, os refuxios, o combate contra os desafiuzamentos, a loita contra os abusos bancarios... A sociedade da cidadanía libre e solidaria, non se deixa derrotar. Pero precísase tamén a manifestación unitaria desa vontade da sociedade que non se dobrega.

Por iso, as federacións dos servizos públicos dos sindicatos convocantes da folga comarcal do día 12 de xuño chamamos a todas as empregadas e empregados públicos a sumarse a mobilización, a declararse en folga e a participar multitudina-riamente na manifestación que sairá ás 12:00 horas do Inferniño.

 

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...