Por mor das presións e pretensión da Consellería de Traballo para non aplicar este ano ás instruccións de vacacións, licenzas e permisos ao persoal laboral da súa Consellería, a Administración ten paralizadas ditas instruccións que xa hai un mes que tiñan que estar en vigor.

Semella que a Consellería de Traballo ten a voz de mando do Consello da Xunta, tal como se demostra na imposición da supresión do artigo 19.2 do Convenio Colectivo, compensacións polo traballo en domingos e festivos, na Lei de Medidas do Emprego Público, e na Lei de Orzamentos de 2013, na que promoveu a suspensión do artigo 19.1, descanso semanal de dous días continuados.

Con estas instruccións, os/as traballadores/as non ampliamos dereitos, pero favorecen en certo modo a utopía da conciliación da vida laboral e familiar ao prever a posibilidade de desprendernos de 6 días de vacacións para empregalos en circunstancias persoais, toda vez que a eliminación da case totalidade de días de libre disposición mingou moito dita conciliación.

É unha vergoña que estean paralizadas unhas instruccións que mínimamente tentaban paliar os efectos perversos dos recortes dos distintos gobernos do PP, o de Madrid e o de Galiza, por mor da imposición dunha determinada Consellería. Función Pública ten que ordear unhas instruccións iguais para todas as Consellerías e para todos/as os/as traballadores/as sen as presións caciquiles da Consellería de Traballo.