A inmediata sinatura das instrucións que desenvolven o Acordo do 27/03/2013 vai posibilitar que o persoal laboral acceda á xubilación parcial anticipada, acompañada do correspondente contrato de remuda, sempre e cando cumpran as condicións de edade (61 anos), de cotización a seg. Social (30 anos) e de antigüidade na empresa (alomenos 6 anos na data de solicitude).

O que no Acordo non foi posible articular, a acumulación das xornadas, sí é recollido nestas instrucións, de xeito que o/a xubilado/a parcialmente poderá xuntar as xornadas anualmente  e traballar aqueles meses que lle correspondan en virtude do seu contrato a tempo parcial que deberá asinar unha vez decidida e tramitada a súa pretensión de xubilación.

Por cada posto de traballo no que o seu titular opte por esta modalidade de xubilación, haberá dous contratos a tempo parcial: un pola xornada remanente para o xubilado/a e outro de remuda pola parte de xornada que deixou o titular do posto.

Un aspecto importante destas instrucións é que se conseguiu a creación dunha comisión de seguimento que vai a velar pola correcta aplicación do acordo.