O Servizo Lingüístico da Audiencia Provincial de Lugo está a sufrir unha redución do seu persoal, xa que dende o día 15 de abril o posto de traductor/a intéprete atópase vacante por mor do traslado do seu titular a outro servizo no concurso de traslados.

A necesidade da cobertura de dito posto está claramente xustificada, xa que as súas funcións non poden ser desenvolvidas por unha soa persoa; en primeiro lugar, porque son dúas categorías profesionais distintas, o que implica funcións diferentes, e en segundo, porque unha soa persoa non pode asumir todo o traballo que facían ata agora dúas. Ademais, este servizo sería o único da Administración de xustiza cun único traballador para toda a provincia, o que se traduce nun clarísimo agravio comparativo co resto de provincias e un rebordo continuo nas tarefas diarias.

O traductor/a intérprete é unha figura imprescindible dentro do ámbito da xustiza, e así, a propia Lei de axuizamento civil xustifica a súa existencia

O Comité de Empresa da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza na provincia de Lugo, como órgano de representación de empregadas e empregados públicos esixe a cobertura deste posto de xeito inmediato, xa que se están a vulnerar os intereses dos usuarios da Administración de xustiza e, nalgún caso, a súa propia liberdade persoal, así como os seus dereitos lingüísticos amparados legalmente.

Nun momento en que estamos a sufrir esta grave crise económica, faise necesario máis que nunca a esixencia do cumprimento dos dereitos dos usuarios da Administración pública, e non se pode facer doutro xeito se non é co mantemento dun servizo público de calidade.