Novas por contido

Achéganos desde a Secretaría Xeral da Presidencia unha proposta de modificación da RPT dos órganos superiores da Presidencia: Secretaría Xeral de Medios, de Emigración e de Deportes. Dannos de prazo até o 27 de xuño para formular alegacións por escrito, unha vez o cal terá lugar unha xuntanza aínda por determinar.

A modificación da RPT destas tres secretarías xerais vén marcada pola amortización de 15 prazas por "estar vacantes", o traspaso de postos a AMTEGA, AGADIC ou Traballo e a adaptación ao novo Decreto de estrutura. Despois hai abondosos cambios "formais" debido ao cambio na dependencia dos postos, cambio de de denominación ou de código. Por último hai algunha creación de praza por sentenza e eliminación de observacións relacionadas coa titulación.

O premio gordo está na creación en RPT da 2ª subdirección de Deportes. Efectivamente, como nos casos das vicesecretarías de Medio Rural ou Educación, faise porque o Decreto de estrutura así o pon e xa viña estando orzamentada. Porén, os Decretos de estrutura son mudables. O que non pode ser é que a austeridade na amortización de postos se aplique exclusivamente por abaixo: os 15 postos vacantes que se amortizan son todos postos base ou como moito xefaturas de sección.

Esta forma de recortar no capítulo I invirte aínda máis a pirámide de recursos humanos da Xunta de Galiza, unha pirámide na que se dispara o ratio dos postos de confianza con relación aos de concurso; postos estes último que a política actual está derivando cara as privatizacións e asistencias técncias. Non é estraño ver nestes órganos subdireccións con 6 postos ou servizos con dous. Por se non fose dabondo, co novo anteproxecto de Lei de Emprego Público, o Goberno actual pretende invertir aínda máis esta pirámide a través da implantación do persoal directivo.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...