No DOG do 28/06/2013 publícase, e non era sen tempo, o anuncio da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal non docente que preste servizos nos centros educativos non universitarios da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A inscrición previa realizarase no formulario de petición de recoñecemento voluntario que estará dispoñible nas secretarías de todos os centros educativos. O prazo de inscrición rematará transcorridos vinte días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, agás para o persoal de nova incorporación e o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde.