Iguldade vén de publicar no DOG do 1 de xullo a convocatoria das axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollesen durante o 2012 á redución da súa xornada de traballo.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Poderán beneficiarse das axudas previstas nesta resolución:

a) Homes que se acollan á redución de xornada a que se alude no artigo 5 da resolución e sexan traballadores por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións públicas con independencia de que o seu vínculo sexa laboral, funcionarial ou estatutario.

b) Familias monoparentais en que a persoa solicitante, home ou muller, sexa traballadora por conta allea e se acolla á redución de xornada a que se alude no artigo 5 da resolución.

A contía desta axuda estará en función da porcentaxe de redución de xornada laboral desfrutada, da duración desta e do número de fillas/os a cargo da persoa solicitante e vai desde os 1.600 € ata os 3.600 €

Consulta os requisitos, documentación necesaria e resto de información na resolución da convocatoria.