Unha vez revisadas as nóminas do mes de xuño, as persoas traballadoras que solicitaron anticipo da paga extra no mes de xaneiro, están observando nos seus recibos xustificativos do pago de salarios información confusa sobre a retención de IRPF aplicada na paga extra. Así, no recibo xustificativo do pago do anticipo de xaneiro aplícase unha retención de IRPF, que no papel se volve a aplicar sobre o total da paga extra na nómina de xuño.

Realmente, aínda que se aplica unha dobre retención nos recibos xustificativos; no apartado de descontos, descóntase tan só a parte líquida do adianto (e non da bruta que debera corresponder), compensando así indirectamente o importe retido en xaneiro. A conclusión é que ao final o líquido a cobrar é o mesmo con adianto ou sen adianto. O problema é que a información reflectida na nómina é confusa e contraditoria ao non aparecer de forma xustificada as compensación feitas internamente.

A CIG vén de entregar un escrito no que reclama a Función Pública e ao CIXTEC aclaracións sobre esta situación para que as persoas empregadas públicas teñan información clara e transparente sobre as retencións aplicadas no anticipo de nómina e na paga extra de verán.

Poucos días despois o CIXTEC vén de emitir o seguinte documento aclaratorio.