Novas por contido

Atención: os actos do día da Patria están a ser desconvocados, incluidas as manifestacións, polo accidente de tren que ocorreu o día 24 en Compostela con numerosos falecidos/as e feridos/as. Dende a CIG-Autonómica, transmitimos o noso pésame ás familias e amigos/as das persoas afectadas.

Dende a Sección Sindical de persoal funcionario dos Servizos Centrais, queremos animar ás nosas compañeiras e compañeiros a celebrar un día máis o 25 de xullo, celebración que se remonta ao ano 1919, cando as Irmandades da Fala retomaron o camiño do pobo galego pola súa soberanía e liberdade, pola nosa lingua e a nosa cultura e tamén, como non, pola loita dos dereitos da clase traballadora galega.

Este ano 2013, xa non lembramos cando empezou esta estafa que os medios de incomunicación chaman crise, xa non lembramos tampouco cal foi o primeiro recorte ou cal foi o primeiro ataque á clase traballadora, pero si temos que ter claro que a única saída a esta ofensiva está na contestación ao capitalismo onde máis lles doe: nas rúas.

 
E temos mañá unha oportunidade para loitar e plantarlles cara ao capitalismo salvaxe que impera actualmente no nome dos mercados e da Unión Europea. Unha oportunidade tamén para reivindicar os nosos dereitos como pobo e erguer a cabeza contra o asoballamento ao nos someten dende Madrid e dende Bruxelas.
 
Mañá é 25 de xullo, non é un día calquera, é un día para reivindicar o noso e para seguir polo camiño da soberanía popular, que é onde está a solución para este mal chamada crise. Reivindicación que non está reñida co sentido lúdico e por todo isto, relacionámosvos as diferentes manifestacións que mañá se van desenvolver polas rúas de Compostela.
 
Vémonos nas rúas!!! (Actos desconvocados)
 

Outras novas recentes

Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.