Ao coincidir 2 festivos do estado español en sábado (1 de novembro e 6 de decembro), consonte ás instrucións de vacacións, permisos e licenzas, o persoal laboral e funcionario da Xunta teremos 2 días moscosos adicionais para o 2014.

No Consello da Xunta do 1 de agosto aprobouse o calendario laboral de Galiza para 2014. Dos 9 festivos do estado español, 9 son de carácter obrigatorio e 3 poden ser substituídos polas comunidades autónomas, aínda que tradicionalmente estes 3 nunca son cambiados por Galiza, xa que son o 6 de xaneiro, Xoves Santo e o día de Galiza.

Soamente cando algún dos 9 festivos obrigatorios coincide en domingo, a Comunidade Autónoma pode substituílo polo luns seguinte, ou ben por outro día de interese. De cara ao próximo ano, é o caso do 12 de outubro, que se substitúe polo 17 de maio, Día das Letras Galegas (sábado).

Por outra banda, e a nivel máis directo, ao coincidir 2 festivos en sábado (1 de novembro e 6 de decembro), consonte ás instrucións de vacacións, permisos e licenzas o persoal laboral e funcionario da Xunta teremos  2 días moscosos adicionais para o 2014. Non se considera o 17 de maio (aínda que cae en sábado) xa que Función Pública interpreta como festivos "nacionais" os determinados directamente pola Administración Xeral do Estado.

Incorporarase un día adicional de asuntos persoais por cada unha das festividades laborais de ámbito nacional de carácter retribuído, non recuperable e non substituíble pola Comunidade Autónoma, cando coincidan con sábado no dito ano.