Ao final da Comisión de Persoal do 2 de agosto o director xeral comentou unha serie de cuestións e obviedades e fixo unha recompilación do que quedaría pendente para o mes de setembro.

Entre as obviedades comenta que a do 2 de agosto sería a última Comisión de Persoal e que ata setembro non haberá máis. En setembro se retomarán as negociacións da LEPG e da flexibilización horaria, onde pensan recoller aínda máis achegas das organizacións sindicais e teñen vocación de chegar a consensos con nós neste aspecto.

Avanzou tamén que publicarán no DOG o concurso de Finanzas cun prazo ampliado entre o 7 de agosto e o 5 de setembro. Con relación a isto, no último trimestre reiteran que queren sentarse a falar dun modelo de bases xenérico para todos os concursos de traslados e que nos darán... máis cronogramas!