Na xuntanza do mércores 4 de setembro, os directores xerais de Funcion Publica e de Avaliación e Reforma Administrativa presentaronlles as organizacions sindicais as últimas modificacións sobre o rascuño de Orde de flexibilidade horaria e teletraballo (en fonte verde no arquivo anexo).

Respecto do actual documento, prantexámoslles as seguintes consideracións:

- Demandámoslles que se valore a incorporación de solucións adoptadas para o sector de Xustiza, xa que tendo que tanto Xustiza como a Admon. xeral da Xunta teñen o mesmo sistema de control horario (Kronos), se pretenda establecer no caso da Admon. xeral unha marxe de cortesia na fichaxe de entradas e saidas de so 10 minutos ao dia (en Xustiza, son 30 minutos de cortesía).

 - Respecto da xornada flexible por conciliación (art. 6.3.1.a), prantexámoslles que o marco horario de referencia poida fixarse desde as 7 da mañá en lugar desde as 7.30 h, sempre que se trate de centros administrativos que permanezan abertos desde esa hora, e tendo en conta ademais que xa existen multitude de flexibilizacións horarias por conciliación familiar que teñen ese marco horario autorizado.

- Respecto da flexibilización ordinaria, a Administración acolleu formalmente a nosa proposta de establecer unha flexibilización automática, mais desnaturalizada pola posibilidade de denegación e a obriga dunha comunicación semanal. Trasladámoslles que se a flexibilización é denegable non é automática e prantexámoslles como alternativa a posibilidade de dúas modalidades de flexibilidade: unha automática e non denegable, cun horario fixo de 8.30 a 14.30, e outra denegable cun horario fixo de 9.00 a 14.00 horas.

- Acrecentamos que en todas as modalidades de flexibilización debe haber participación sindical, que debe ser necesaria cando menos no caso das denegacións de flexibilidade ordinaria, e tanto nas autorizacións canto nas denegacións no caso da flexibilidade por conciliación familiar. Tamén debe existir participación sindical no caso do que a Admón. impoña o cesamento do gozo do horario flexible.

- No teletraballo, demandamos que se revise a interdicción de que as xornadas en rexime de teletraballo sexan dous días laborais seguidos e de que sexan días fixos na semana.

- Demandamos, así mesmo, que se incorpore a participación sindical no teletraballo, co fin de asegurar que non se produzan usos espurios deste rexime.

Déusenos de prazo para remitirlle a Funcion Publica as nosas alegacións até o venres ás 15:00 horas. Se queres aportar algo, escríbenos ao correo autonomica@cigadmon.gal.

Descargar o rascuño de Orde de xornada flexible e teletraballo remitido pola Administracion