Novas por contido

Constituíndo un xesto de desprezo cara aos miles de traballadores/as non docentes que prestan servizos en centros de ensino, a Consellaría de Educación e OU négase a recibir aos representantes dos traballadores para coñecer a problemática e as demandas do sector.

No pasado mes de xuño as organizacións sindicais CIG, CSI-F e UGT, unha vez que o novo goberno tomou posesión, invitamos á Consellaría a sentarse e establecer un cauce de diálogo permanente co fin de analizar, detectar e resolver as necesidades deste sector cara a prestar un mellor servizo aos cidadáns dignificándoo e valorándoo como parte esencial dun servizo público.


A Consellería, practicando un autismo social impropio do século XXI, declinou a invitación cun silenzo.

Queremos lembrar que a Administración adquiriu o compromiso de establecer vías de diálogo para tratar diversas materias pendentes e que os compromisos están para cumprirse.

Salientamos tamén a desafección de CCOO, que racha á unidade sindical alegando que os problemas dos centros de ensino son propios dos funcionarios e non do persoal laboral. CCOO propuxo unha táboa reivindicativa única e exclusivamente para persoal funcionario.

CIG, CSI-F e UGT, esixímoslle á Consellaría de Educación e OU a apertura inmediata de negociacións porque así o reclaman os/as traballadores/as non docentes, porque a negativa faría perigar a prestación dun servizo público, e porque a negociación é un imperativo moral.


PLATAFORMA REIVINDICATIVA PARA OS CENTROS DE ENSINO


1. Protocolización de procedementos e funcións do persoal dos centros. Esiximos a inmediata negociación, como primeiro paso, dun 'protocolo de apertura e funcionamento ordinario dos centros’ que debe recoller inescusablemente a obrigatoria presenza dun responsable sempre que os centros estean funcionando así como os criterios para a aplicación dos servizos mínimos en caso ausencia masiva de asistidos (art. 20 do V Convenio), para as xornadas con horario diferente ao habitual do centro e para a aplicación do horario de verán.
2. Integración dos actuais efectivos do grupo E no C2 e estabelecemento dun maior nivel para os subalternos dos centros de ensino en tanto que queden nos centros de ensino.
3. Xeneralización do incremento retributivo no complemento específico para os postos con horario especial; actualización e aumento progresivo desta compensación até alcanzar os 244,80 €/mes; aplicación da mesma compensación ao persoal laboral. Queremos facer extensivo este punto a todos os traballadores da Xunta con horario especial a través dunha negociación global.
4. Revisión das ratios de limpeza e do persoal de cociña dos centros.
5. Estabelecemento dun complemento de itinerancia e apertura dunha negociación sobre os mecanismos para a adxudicación de novos destinos en itinerancia.
6. Recoñecemento do complemento de perigosidade ao persoal laboral de cociña.
7. Recoñecemento do complemento de penosidade ao persoal laboral de limpeza.
8. Definición dos criterios para o estabelecemento de xefaturas de secretaría e para a fixación dos cadros de persoal (especialmente no caso dos subalternos).
9. Acordo en materia de seguridade e saúde laboral nos centros de ensino.
10. Acordo sobre dereito á formación (recoñecemento dun crédito horario anual mínimo para a formación en horario laboral e, en paralelo, estabelecemento dun dereito de compensación horaria cando a formación sexa en horario non laboral). Se ben un acordo desta clase debería ser para toda a Administración, a consellaría pode e debe aprobar instrucións neste sentido de aplicación nos centros.

Descarga aquí a folla informativa.

CIG         CSI-F          UGT

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...