A consellaría de Medio Ambiente publica no DOG do 24/09/2013 os convenios subscritos no último cuatrimentres no que destacan as elaboracións dos máis diversos "plans": estratéxicos, directores, especiais... Pola súa banda, Medio Rural sacou a concurso no DOG do 10/09/2013 a campaña publicitaria do Plan de Desenvolvemento Rural. Total: varios centos de miles de euros para consultorías, asesorías e axencias de publicidade.

Xa se sabe que con esto da austeridá non hai cartos para o público; os traballadores e traballadoras públicos o sabemos de primeira man nas nosas nóminas e mesmo nos nosos postos de traballo que minguan e minguan. O que sempre hai son cartiños é para o sector privado, o de confianza por suposto, o dos sobres. Vémolo todos os días nos diarios oficiais e vémolo todos os días nos nosos centros de traballo onde pululan cada día máis asistencias técnicas.

Xa facíamos a brincadeira na contra do Boletín de SSCC deste mes sobre o de "Funcionario: faite emprendedor!" O maior éxito para traballar na Xunta actualmente é por parte das empresas privadas e consultorías, asesorías e demáis familia, que son as favoritas pois tanto valen para un roto como para un descosido. Total, se non aproveitan o coñecemento das nosas mozas e mozos, das nosas investigadoras e investigadores, que tiramos para o lixo ou mandamos para Alemaña, como non van tirar ao lixo o coñecemento das traballadoras e traballadores públicos.

E non preguntemos se podemos axudar nalgo porque a transparencia brilla pola súa ausencia: os convenios son así, excepto o nome, o custo e a data de sinatura, o resto é tan segredo de Estado maior como en que gasta a súa asignación a Casa Real; tan segredo que nin o Parlamento pode ter acceso a maioría do contido destes.

Montar unha consultoría é unha grande oportunidade, se traballas coa Xunta, basta só con mirar os prezos, que parece que sae máis caro redactar, proxectar, asesorar ou informar que facer; se é que finalmente se fai algo porque xa sabemos que en austeridadá, máis que nunca, impera o vender fume. E para isto resulta moi apropiadas as campañas de publicidade institucional.

"Vente ao rural sen renunciar a nada"

Iste podería ser o logo da campaña da axencia gañadora do último concurso de publicidade institucional de Medio Rural por valor de 180.000€. A campaña do Plan de Desenvolvemento Rural de Medio Rural que quere mercar a Xunta ten como obxectivo dar publicidade das "oportunidades de vida e emprego que ofrece o rural galego sen renunciar a nada"... en fin, lixo publicitario para vender o moito que fan no noso rural as Administracións que financian este autobombo: Xunta e Unión Europea. E preguntamos: cantos copagos de farmacia hospitalaria de enfermedades crónicas se precisan para convencernos do ben que está o rural galego?