Novas por contido

O mércores 25 tivemos unha xuntanza con responsábeis de Función Pública para tratar diversos aspectos dos concursos de traslados de corpos xerais e especiais. Ademais de discutir o problema causado pola posibilidade de que haxa unhas 90 persoas que poidan modificar a súa solicitude do concurso de xerais (ver información polo miudo), informóusenos de que van facer dúas modificacións na convocatoria de xerais (unha á base III.5.1 e outra á relación de postos ofertados) e algunhas ideas do ritmo de execución.

A modificación da base III.5.1 da actual orde do concurso xeral (cursos de formación), van facela porque, segundo nos din, é obrigatorio: queren clarificar esta base igual que se fixo no concurso de corpos especiais. A modificación consiste en relacionar máis polo miudo os órganos que son válidos para impartir os cursos que se van valorar. Din que obedece, este erro, a un corta e pega.

A outra modificación, tamén do concurso xeral, consiste en excluír unha praza da relación de postos ofertados, a número 14, xa que hai unha sentenza que a adxudica a unha persoa en concreto. Afirman que en breve publicarán no DOG a execución da sentenza.

Asegura Función Pública que isto non vai retrasar de ningún xeito os prazos do concurso xeral, o prazo de resolución, insisten en que o terán antes de fin de ano, aínda que recoñecen que a publicación definitiva de admitidos e excluídos será en outubro e podería ser ao día seguinte da publicación desta modificación no DOG.

Manteñen o prazo tamén de outubro tanto para a publicación das puntuacións provisionais do concurso xeral, así como a publicación das definitivas do concurso de especiais. A comisión de baremación do concurso xeral reuniuse o xoves 26 e todo indica que Función Pública ten a intención de apurar un pouco o concurso, pero veremos se son quen de cumprir os compromisos.

Tamén para o caso dos corpos especiais sinalar que o proceso de tomas de posesión prevén que non dure máis de 18 ou 20 días e que se desenvolva no mes de novembro.

Manifesta que, ao estar en provisional só unha promoción do C1 e 17 persoas do A2, as tomas de posesión irán máis lixeiras desta vez no concurso de corpos xerais, en relación con anteriores concursos.

A comisión de baremación do concurso xeral reuniuse o xoves 26. Todo indica que Función Pública ten a intención de apurar un pouco o concurso, pero veremos se son quen de cumprir os compromisos.

Isto irá canto antes a unha Mesa Xeral.

Outras novas recentes

Venres, 22 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Agrupación profesional-Subalterno (22/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega un listado de prazas que ofertará para a elección de destino do proceso selectivo da agrupación profesional - subalterno. A localidade dos postos pode verse no código que vai nas posicións 11 a 15 do código (XX.XXX.XX.XXX.XXXXX.XXX) No mesmo arquivo que poñemos a túa disposición para descargar, vai tamén a RPT íntegra con todos os...
Mércores, 20 Marzo 2024

Procedemento de acreditación dos méritos do concurso-oposición de estabilización dos subgrupos A1, A2, C1 e C2 e grupos I, III e IV

No DOG do 20/03/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos de determinados procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de...
Xoves, 21 Marzo 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social

Riscos para a saúde moi elevados nas escolas infantís O venres tivo lugar unha nova xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social, no que estaban presentes os representantes das consellería de política social, servizo de prevención propio da Xunta, servizo de prevención alleo (Qualtis), representantes do Consorcio e delegadas e delegados de prevención...