Na xuntanza que tivo lugar o luns 28 coa Consellaría de Traballo polas contratación da Lei da Dependenza, a Secretaria Xeral explicou que para eles era necesario facer as contratacións como as fixeron (con requisito), xa que necesitaban xente con experiencia.

A CIG manifestamos que temos presentado un recurso de alzada onde pedimos a nulidade do proceso porque entendemos que non se axusta a dereito e que vamos continuar con el. A maiores pedimos que se deixe de chamar nestes momentos.

A Consellaría resposta que van tentar parar os chamamentos e que teñen que contratar a outro grupo de xente para o mesmo, polo que para este novo chamamento non van pedir ningún tipo de requisito.

Por outra banda, dende a CIG esiximos que se convoque a Mesa de Negociación para aplicar os acordos acadados co anterior goberno, e se dote de persoal aos centros conforme o acordado. Comprométense a chamarnos para negociar en breve.