Novas por contido

CIG, CCOO e UGT denuncian que a Xunta deriva as responsabilidades na investigación dos lumes forestais cara empresas e organismos alleos á Administración Pública.

A Administración galega parece ter esquecida esta obriga e apenas adica medios á investigación das causas dos lumes

Os tres sindicatos reclaman a posta en valor do traballo de investigación de incendios a través do persoal propio da Xunta e piden máis medios

Desde UGT, CCOO e CIG queremos reclamar e poñer en valor o traballo que fan as brigadas de investigación de incendios da Consellería do Medio Rural e do Mar, formadas por funcionarios pertencentes aos corpos de axentes facultativos medioambientais e axentes forestais. Os informes de investigación de causas nos incendios forestais son unha ferramenta imprescindible para a posterior detención dos culpables e para coñecer o motivo polo que se queima o noso monte e as razóns de tan alto grao de lumes que se producen en Galicia. O Goberno da Xunta ten esquecida esta obriga e apenas adica medios á investigación das causas dos lumes. Resulta positivo para o conxunto da cidadanía que se invista en investigación, pois deste xeito a mais de intentar neutralizar aos incendiarios dolosos, tamén se conseguiría evitar que se queime tanta superficie de patrimonio forestal galego.

As tres organizacións sindicais, xa desde a Plataforma en Defensa do Servizo Público de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais, condenamos as actuacións dos incendiarios pero nos parece unha burla do Goberno que todos os anos por estas datas saia dicindo que se van endurecer as penas, que se vai a facer máis persecución, que se lles van cobrar os gastos de extinción aos que poñen o lume... Todo iso nos parece ben, pero é evidente que non é algo que este Goberno queira facer de xeito decidido e usando todas as ferramentas, medios e persoal que ten ao seu alcance. Non é posible a detención de culpables sen unhas boas tarefas de investigación, entón, como se van a deter máis culpables se non se potencia o traballo de investigación?

Que fai a Xunta de Galicia neste tema?. Derivar as responsabilidades propias asumidas competencialmente cara organismos e empresas alleos á Administración galega. Sen embargo, non dota de recursos aos 550 axentes forestais e medioambientais con competencias, coñecementos e experiencia necesaria para realizar estas investigacións, tal e como veñen demostrando durante todos estes anos. Pola contra, para a Consellería esta labor permanece practicamente no esquecemento e non mostra ningún interese por desenvolvela.

UGT, CCOO e CIG reclamamos da Xunta de Galicia a posta en valor do traballo de Investigación de Incendios a través de persoal propio da Administración galega e a súa potenciación dotando dos medios adecuados para a investigación aos corpos de axentes medioambientais e forestais que son axentes da autoridade e policía xudicial. Esta é a única garantía xurídica que ten a cidadanía galega de que as investigacións cumpran coa legalidade.

Ligazón: Xornal Praza Pública

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...