A CIG vén de presentar alegacións á proposta de Orde de flexibilidade horaria e teletraballo, logo da xuntanza mantida o mércores 25 de setembro.

As alegacións da CIG inciden, entroutros, na configuración da flexibilización como automática e non condicionada ás necesidades do servizo no seu outorgamento, a racionalización do horario fixo de presenza e a prelación en caso de concorrencia de solicitudes, así como a clarificación das competencias da Comisión de Seguimento.

Descargar as alegacións presentadas pola CIG