Previamente rexistraron unha carta dirixida ao Presidente da Xunta emprezándoo a que non cometer un novo agravio comparativo co resto de traballadoras e traballadores públicos do Estado e non volva a recortar as pagas extras do 2014.

Ao longo da mañá de onte a Xunta de Persoal e Comité de Empresa dos servizos centrais reuníronse cos diferentes grupos parlamentares da oposición, logo de presentarlle no rexistro do Parlamento escritos no mesmo senso que a carta dirixida ao Presidente da Xunta. A reunión co PP será hoxe por motivos de axenda política. Nas diferentes xustanzas trasladouselle aos grupos políticos a preocupación e cabreo das traballadoras e traballadores públicos manifestadas nas asembleas. O tema do novo recorte nas pagas extra do 2014 anunciado por Feijóo de xeito informal, mentres no Estado volverán a cobralas completas, é tan só a punta do iceberg da problemática dos Servizos Públicos.

Insitíuselles aos grupos parlamentares que a defensa dos Servizos Públicos non só é Ensino e Saúde, senón tamén os servizos sociais, e mesmo no Ensino e Saúde non son só profesores e médicos senón as traballadoras e traballadores públicos que "moven os papeis por detrás" para facer posible o resto. Por outro lado, trasladouselle a preocupación da deriva privatizadora na Xunta que chega mesmo ao nivel de "mover papeis". Son moitas as empresas que pululan polos servizos centrais da Xunta facendo traballo propio de traballadora e traballador pública, mesmo xa se anuncia para tramitar as bolsas de Ensino. Tamén se lles entregou copia dos acordos tomados nas diferentes asembleas e do calendario de mobilizacións.

Por parte dos 3 grupos parlamentares houbo un firme compromiso na defensa do Público e están abertos a facerse eco da nosa problemática concreta máis aló do estrictamente económico das pagas extras: denuncia de asistencias técnicas e dignificación da nosa figura. Momentos clave serán o vindeiro debate do estado da Autonomía do 15 ao 17 de outubro, a tramitación dos Orzamentos (do que de momento non teñen ningún avance) e máis as diferentes preguntas paralamentares ou interpelacións que xa teñen (e seguirán) realizando. Por suposto, destacouse o tema de facer chegar todo esto á cidadanía a través de todos os medios posibles (prensa ou mesmo denuncias xudiciais).