A CONSELLARÍA DO MEDIO RURAL É INCAPAZ DE FACER UNHA PREVISIÓN DAS NECESIDADES DO SERVIZO DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCEDIOS FORESTAIS E INCUMPLE O CONVENIO COLECTIVO E OS ACORDOS DE TÉCNICOS E AXENTES FORESTAIS.

O “Acordo sobre condicións de traballo da escala de Axentes Forestais”, o “Acordo sobre as condicións de traballo do persoal funcionario pertencente aos grupos A1 e A2 da Xunta de Galiza do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais” e o Convenio Colectivo Único para o Persoal Laboral da Xunta de Galiza establecen que existirá un período de alto risco de incencios, que se corresponde cos meses de xullo, agosto e setembro e un mes máis a decidir segundo as condicións climáticas. O período de alto risco supón para os traballadores a modificación do calendario laboral, con aumento da xornada e establecemento de gardas nocturnas e quendas de fin de semana.


Este ano o cuarto mes de alto risco foi fraccionado entre os meses de febreiro, marzo e abril e mantivose nos meses de xullo, agosto e setembro. Deste xeito o período de alto risco deste ano esta esgotado para o persoal que traballa todo o ano.

A día de hoxe atopámonos con que as condicións climáticas son favorables para a aparición e propagación de incendios forestais. Contradictoriamente con esta situación os dirixentes políticos da Consellaría do Medio Rural deciden despedir brigadas, emisoristas, vixiantes, carrocetistas e técnicos contratados para o reforzo no período de alto risco. E pretenden solventar a precariedade na que queda o Servizo coa ampliación do período de alto risco ao persoal fixo.

Aquí estase combinando a falta de previsión dos dirixentes da Consellaría do Medio Rural co despido do persoal necesario para manter o servizo en condicións de enfrentarse aos lumes forestais e co incumprimento das condicións laborais do persoal funcionario e laboral fixo do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.

Co aumento da masa vexetal xerada polas chuvias da primavera, coa cantidade de árbores deitados pola neve e o temporal do último inverno e coas condicións actuais de sequía o monte é un polvorín. Os delegados da CIG entre o pesoal funcionario e laboral do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios reclamamos que o Servizo se manteña con plena capacidade operativa, que non se despida persoal, que se respeten os acordos laborais existentes, se negocie cos traballadores as modificacións das súas condicións laborais e se abandone definitivamente a improvisación e a arbitrariedade nas decisións referidas a un servizo público tan esencial.