O Comité de Empresa de Traballo e Benestar da Coruña denuncia que se está incumplindo o acordo polo que se incorporan as instrucións de persmisos, vacacións e licenzas do persoal funcionario ao Convenio Colectivo. Máis en concreto, refírense á Resolución do 12 de marzo de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública que, en base ao acordo acadado entra a Xunta de Galicia e os sindicatos CIG e CCOO,  resolvese incorporar  ao convenio que, segundo a disposición décimo segunda, apartado 5, "Incorporarase un día adicional de asuntos persoais por cada unha das festividades laborais de ámbito nacional de carácter retribuido, non recuperable e non sustituible pola Comunidade Autónoma, cando coincidan con sábado no dito ano"
    
Pola súa parte, nunha interpretación unilateral, a Subdireción de Persoal da Consellería de Traballo e Benestar, supostamente tras elevar consulta á Dirección Xeral da Función Pública, deu orde a todos os centros de Traballo e Benestar, polo menos aos da provincia da Coruña, "que non se pode conceder ese 4º día de asuntos propios ao persoal laboral que traballa a quendas", referindose ao día adicional que deberia compensar que o 12 de outubro de 2013 (Festividade laboral) coincida en sábado. Polo que segun este criterio non se vai conceder ao persoal que traballa a quendas, mais de 3 días no ano, sen ter dereito a nengun día adicional.

O Comité de Traballo considera que esta interpretación é lesiva para os traballadores/as que quedan excluidos de ter o día adicional por coincidencia de festivo en sábado e supón unha interpretación torticeira do recollido literalmente no apartado 5 da disposición décimo segunda, onde en nengún momento se recollen exclusións polo tipo de xornada que teña o persoal laboral, polo que debe aplicarse en toda a súa extensión o sinalado no apartado mencionado sen discriminacións creadas especificamente para restrinxir dereitos  dun grupo de persoal moi determinado (o que traballa a quendas) e que esta a ser constantemente penalizado nos seus dereitos e funcións.
 
O Comité vén de solicitar tanto á Función Pública, Traballo e á Comisión Seguimento do acordo que se tomen as medidas oportunas para garantir que todo o persoal laboral de Traballo e Benestar, teña un día adicional por coincidencia de Festivo con sábado (12/10/2013), en consonancia co estipulado e acordado en materia de vacacións, permisos e licenzas entre as organizacións sindicais CIG e CCOO e a Xunta de Galiza.