O martes 15 reuniuse a Mesa Xeral de Negociación dos Empregados Públicos co obxecto de presentar o Anteproxecto de Orzamentos da Comunidade para o 2014.

Cunha falta de vergoña absoluta, non se aportou ningunha documentación, nin antes, nin durante, nin despois da Mesa, e foinos transmitido de palabra por parte dos directores xerais de Función Pública e de Orzamentos, que aos empregados/as públicos/as da Xunta de Galiza se nos ía a recortar a extra un ano máis.

Fronte ao xeito perverso de Feijoo de anunciar o ben que Galicia navega no medio da crise, a Administración dálle a volta e dinos que isto non está tan ben, pero ao mesmo tempo non dá datos que xustifiquen o recorte tan brutal que vimos sufrindo, excepto que co noso recorte contribuímos á reducción da débeda en máis dun 40%.

Colabora: Recollida de sinaturas en defensa dos Servizos Públicos

 

 Ademais do recorte das extras estes Orzamentos:

  • Consolidan os recortes da Lei de Medidas
  • Manteñen a taxa de reposición cero, coas pequenas excepcións de sempre
  • Despois de amortizar centos de postos dinnos que non ai aparecer a obriga de amortizar todos os postos vacantes sen ocupación. Despois de que pasase o cabalo de Atila por todas as RPT’s xa non queda moito máis para amortizar.

Todos os/as empregados/as públicos/as debemos de mobilizarnos antes de que isto se aprobe no Parlamento. É posible revertilo. É necesario que saiban que as súas accións teñen un custe político. A rebelión se xustifica.

HAI QUE PARARLLES OS PÉS!!