Acabamos de vivir hai poucos días un novo episodio de asalto ás arcas públicas por parte dos sindicatos servís coa aquiescencia do goberno español: a sinatura do Acordo goberno-CCOO-UGT-CSIF 2010-2012.

Os cartos destinados ao Fondo de Pensións da Administración Xeral do Estado (AXE) é o imposto revolucionario que o goberno ven de pagar a CCOO, UGT e CSIF a cambio de culpabilizar os traballadores e traballadoras públicos da crise e asinar unha conxelación salarial (a entidade adxudicataria da xestión do plano de pensións está participada polas principais organizacións sindicais asinantes do acordo).


En 2010, o incremento retributivo será do 0,3% da masa salarial (na práctica, co aumento do IRPF e do IVE, diminuirá o poder adquisitivo das empregadas e empregados públicos). En 2011 haberá conxelación. E para o 2012 non se explicita ningunha suba retributiva.

O Acordo non recolle unha cláusula de revisión salarial de aplicación directa, senon só un compromiso político, a sua aprobación dependerá do xogo das maiorías nas Cortes Xerais do Estado.

Está á tua disposición o boletín especial de setembro do 2009 sobre a conxelación salarial para os anos 2010-2012. Descargar.