O xoves 17 de outubro tivemos unha concentración no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo convocada pola Xunta de Persoal en protesta pola Lei de Orzamentos do goberno de Feijóo para o 2014. Estes orzamentos fan que os/as traballadores/as públicos/as da Xunta de Galicia, se vexan claramente discriminados con respecto aos/ás compañeiros/as da administración do Estado. Todo isto, tendo en conta que o Presidente Feijóo "presume" de que Galicia é a comunidade autónoma máis "solvente" do estado español.

Se a política da Xunta con respecto ao seu persoal non cambia, estas concentracións repetiranse todos os xoves.

Contra os recortes. Sobran os motivos. Abonda de agresións!