Novas por contido

A Consellería de Sanidade pretende crear 24 postos e amortizar 71, o que significa a destrución neta de 47 postos de traballo.

Na reunión que se celebrou o pasado mércores 16 a CIG presentou alegacións a esta e outras medidas que a Consellería pretende levar a cabo, facendo fincapé na esixencia de que a Consellería negocie todo o que lle afecta ao persoal laboral e funcionario dependente de función pública, incluído o Decreto de Integración, concursos de traslados e procesos selectivos das escalas sanitarias (Lei 17) cos representantes lexítimos deste persoal e non na mesa sectorial de sanidade.

Trasladamos as nosas queixas sobre diferentes asuntos pendentes dende hai tempo na Consellería, como é o nível dos FIS (farmacéuticos de inspección pública), os pluses nos laboratorios, a centralización dos laboratorios de saúde pública en Lugo, a apertura de postos a outras administracións sen que exista reciprocidade, entre outras.

A Consellería respostou só a cuestións xerais quedando as específicas para unha vindeira reunión:

  • Respecto da apertura de prazas a outras administracións din que só abren as LD e dous postos base do C2 alegando dificultades para cubrilos doutro xeito.
  • Respecto do exceso da esixencia de licenciatura en dereito en postos base do grupo A1 alegan que son para asesorías xurídicas e que, en todo caso, non é requisito senón mérito.
  • Respecto á inxustiza que existe cos farmacéuticos de inspección sanitaria en comparación con outros corpos de inspección no que se refire ao nível, dín que neste momento é moi complicado e que co Decreto de Integración pasarán co nível 24, xa que é o mínimo en persoal estatutario para titulacións superiores, pero tamén indican que non lles afectará a nível retributivo posto que no réxime estatutario o específico non está ligado ao nível. Por suposto, non estamos dacordo e tentaremos que a consellería busque alternativas para solucionar este asunto dunha vez.
  • En relación aos pluses dos laboratorios pedimos á consellería que non sexa preciso ir ao xulgado para o recoñecemento de pluses que xa están recoñecidos por convenio. Respostan que van executar as sentenzas pendentes e que analizarán qué postos terán dereito a plus.
  • En relación á unificación dos laboratorios de saúde pública en Lugo dín que están en negociacións aínda con función pública. Que a súa intención é que non haxa perda de emprego. Que o persoal funcionario e laboral fixo non se desplaza e que están buscando mecanismos para ubicalos, ben sexa nas Xefaturas Territoriais ou incluso noutras Consellerías. Din que non está aínda nada pechado e que nos chamarán a negociar entre 15 días e un mes.

O prazo para presentar alegacións remata o vindeiro mércores e despois suponse que nos convocarán a unha nova reunión.

Outras novas recentes

Mércores, 20 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Minas-Bibliotecas-Arqueologos-Museos-Obras Publicas-Arquivos (19/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega os listados de prazas que ofertará para a elección de destino dos seguintes procesos selectivos: A1 Minas A1 Bibliotecas A2 Bibliotecas A1 Arqueólogos A1 Museos A2 Museos A2 Obras Públicas A2 Arquivos Neste lote botamos en falta A1 de Arquivos.
Xoves, 21 Marzo 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social

Riscos para a saúde moi elevados nas escolas infantís O venres tivo lugar unha nova xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social, no que estaban presentes os representantes das consellería de política social, servizo de prevención propio da Xunta, servizo de prevención alleo (Qualtis), representantes do Consorcio e delegadas e delegados de prevención...
Mércores, 27 Marzo 2024

Concursos de traslados de consumo, axentes ambientais e gardacostas: admitidos/as-excluidos/as provisional

Dende a Dirección Xeral de Función Pública comunítanos que o vindeiro día 5 de abril publicarán en DOG as resolucións polas que se aproban as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas dos concursos para a provisión de postos de traballo vacantes de: Escala de axentes de inspección, especialidade de consumo. Escala de axentes facultativos ambientais e axentes...