Son frecuentes as queixas das traballadoras e traballadores dos centros públicos que se vén sometidos a fotografías e vídeos, non só de medios de comunicación, senón de campañas publicitarias do propio centro ou mesmo dalgún visitante. De feito, as compañeiras e compañeiros que traballan na Biblioteca Nacional de Galiza no Gaias chegaran a colocar cartaces de "fotografías NON" nos sus postos de traballo.

Na actualidade volvemos a recibir queixas por vulneración do dereitos de imaxe persoal ao enterarse que van aparecer unhas fotografías súas, das que non tiñan constancia, nuns folletos dunha campaña publicitaria da Fundación Cidade da Cultura. Ben é certo que se trata dun espazo público pero tendo en conta que estamos a falar dun posto de traballo, nada costa avisar de que se vai sacar unhas fotografías para que a persoa, no ámbito de decisión persoal sobre o dereito de imaxe persoal, decida libremente aparecer ou non na foto.

Ante as queixas das traballadoras e traballadores vimos de mandar un escrito tanto á xerenta da Fundación da Cidade da Cultura coma ao secretario xeral de Cultura e Educación e poñemos a cuestión en mans dos nosos servizos xurídicos.