Na última xuntanza da Plataforma analizáronse os seguintes puntos:

Recollida de Sinaturas en defensa dos Servizos Públicos

O total de sinaturas entregadas polo conxunto das OO.SS. integrantes da Plataforma foi de  de 7.591. Esta entrega foi realizada con rolda de prensa,  como estaba previsto.  Neste acto participaron 3 representantes por cada OO.SS.  máis representativa no ámbito da Función Pública, e con presenza na mesa Xeral de Negociación e 1 representante por cada unha das restantes organizacións.


Próximas Accións da Plataforma

  • 25 de outubro de 2013, ás 12,00 horas. Apertura do Ano Xudicial: Os Sectores de Xustiza das OO.SS tiñan previsto concentrarse no acto de Apertura de ano xudicial que terá lugar na Coruña. Acordóuse que dito acto fora asumido pola Plataforma. LUGAR CONCENTRACIÓN: PLAZA DE GALICIA, S/n (Pazo de Xustiza)- 15701 A CORUÑA.
  • Concentración no Parlamento no día da votación da Lei de Orzamentos (previsto para a segunda quincena de decembro)
  • Entrevistas cos Grupos Parlamentarios. Quédanos pendente solicitar as entrevistas cos grupos parlamentares según calendario parlamentar de debate presupostos. Despois das entrevistas coa oposición ,deixar pasar un tempo para entregar  a segunda e última fase de recollida de sinaturas o día da entrevista co PP.


Estudo e Debate sobre os actos realizados e os de futuro

Logo de debate, conclúese que as  concentracións que se deberían manter son aquelas que puidesen xurdir espontánemente nos diferentes centros de traballo ou foran convocadas polas diferentes Xuntas de Persoal ou Comités de Empresa.

Acórdase que as OO.SS. fagan chegar nos próximos días á Plataforma propostas e suxestións de accións a realizar cara ao futuro. Unha das propostas xa formuladas no día de onte foi a posibilidade de “facerse visibles” nos actos institucionais do goberno


Situación dos sindicatos e/ou organizacións sindicais presentes na Plataforma e que non acudiron ás últimas xuntanzas.

Acordamos dirixirnos a todos os sindicatos e/ou organizacións sindicais que están na plataforma galega de defensa dos servizos públicos  e que non acudiron as últimas xuntanzas, ainda que algúns si participaron nas concentracións que se realizaron, para preguntarlles sobre a súa participación na mesma, asi como pedirlles que acudan as xuntanzas, xa que é a única maneira de poder comunicarnos entre todos/as.